Restaurante Coteliño
Restaurante Coteliño é unha empresa familiar que dende 1986 ofrece unha ampla variedade de especialidades a base de carnes e peixes, destacando aqueles pratos preparados á grella, como o churrasco, que goza de fama entre os nosos clientes.
Contamos cunhas instalacións de máis de 1000 metros cadrados entre as que se suman tres comedores, zona de cafetería e área de lecer. Organizamos banquetes nos que a calidade dos nosos pratos se une a un servizo marcado por unha atención personalizada aos nosos clientes.



